Mellor crear que desesperar

martes, 31 de marzo de 2020

A tribo

Cando ninguén os mira,
Aí os estan,
Pendentes,
A tribo coidadora.


luns, 30 de marzo de 2020

Facendo flexións

Mens sana in corpore sano
E sana in corpore sano
Sana in corpore sano
Ana in corpore sano
Na in corpore sano
O corpore sano.


domingo, 29 de marzo de 2020

Rutinas

  Desde o meu río da alegría
  contemplo o decorrer de cada hora
  e a sucesión da noite e máis da aurora,
  da tarde, da maña, da meridía.


                            Darío Xohán Cabana



sábado, 28 de marzo de 2020

Coa cámara no tellado

O francotirador selecciona, enfoca e dispara. 
Disque estamos en guerra, 
Pero hai que reflexionar!


venres, 27 de marzo de 2020

Na cociña

Tintirintín, tintirintán
as miñas tarteiras 
que barullo fan.

Agora cociñan
despois tocarán
que a iso das nove
toca foliar!


xoves, 26 de marzo de 2020

Lendo a Marx

   Menos es Marx! Que si, que si…
   Mais nós somos de natureza farturenta.

 

mércores, 25 de marzo de 2020

Solpor de confinamento


Remata o día Con Firmamento 
que marca o comezo do Confinamento. 

Contra o Virus do Corazón.

E eu coa neveira chea,
Meu amor.



 
Designed by Beautifully Chaotic