Tecín soia a miña tea, sembrei soia o meu nabal, soia vou por leña ó monte, soia a vexo arder no lar. (...) ¡Que tristeza! O vento soa, canta o grilo ó seu compás... Ferve o pote... mais, meu caldo, soíña t'hei de cear. Cala, rula, os teus arrulos ganas de morrer me dan; cala, grilo, que si cantas, sinto negras soïdás. (...)
E abrirás por veces a fiestra, así, por pracer… E os teus amigos sorprenderanse de mirarte rirlle ao ceo. Entón diraslles: “Si, as estrelas sempre me fan rir!”. E pensarán que estás tolo.
No 77º aniversario de Le petit prince, Antoine de Saint-Exupéry.
E, se hai sorte, logo dunha reflexión con fundamento cando todo remate sorrirlle a un novo firmamento.
Este Tempo de Confinamento é un blogue xestionado por Román Landin e alimentado con obras de Francisco Curras (fotografías e confinamento) e Olga Nogueira (textos e confinamento).
Currás é un fotógrafo afeccionado de Marín azarosamente confinado moi Terra adentro. Por iso crea para coller aire. E, por veces, Olga (confinada nunha aldea galega venteada), sopra canda el.